Skip to main content

Mercado Cultural de Primavera

Mercado Cultural de Primavera

BASES DA I FEIRA CULTURAL DE PRIMAVERA DO C.S. O VELLO CÁRCERE DE LUGO O Concello de Lugo convoca o I Mercado Cultural de Primavera, que nace cos obxectivos de apoiar á industria cultural da cidade e ofrecer un espazo gratuíto para promocionar o talento creativo e achegar o arte, a artesanía e o deseño ao público. Esta convocatoria réxese conforme ás seguintes bases:

1ª. – O mercado terá lugar entre os días 16 e 21 de abril de 2019, ambos inclusive, nas celas de Mulleres do C. S. O Vello Cárcere de Lugo, de 11 a 14 e de 17:30 a 20:30 horas, e ata as 22:30 horas os días 18, 19 e 20 de abril.

2º.- Convócanse 16 prazas (dúas por categoría) para as seguintes disciplinas: pintura; debuxo ou ilustración; fotografía e/ou vídeo creativo; escultura; artesanía; deseño de moda; deseño de xoias ou complementos; e un concepto de diversos para propostas que non se encadren nas anteriores categorías.

3º.- Cada participante poderá presentarse nunha única categoría.

4º.- Os interesados en participar deben remitir un portfolio dixital da súa proposta artística que inclúa un mínimo de 5 arquivos de imaxe, audio ou vídeo, copia do DNI, datos persoais e de contacto á seguinte dirección de correo electrónico: vellocarcere@concellodelugo.org. Debe constar unha descrición do material que se vai levar a este Mercado.

5ª.- A data límite para enviar a documentación será o 8 de abril de 2019. Non se admitirán candidaturas posteriores á data indicada.

6ª. – Poderán participar neste certame todas as persoas maiores de idade que o desexen, de calquera nacionalidade.

7ª.- O xurado reunirase nos días posteriores para a avaliación das propostas segundo criterios de calidade técnica e artística, innovación e creatividade. A decisión do xurado será inapelable.

8ª.- As e os artistas seleccionados deberán cumprir o horario durante a totalidade dos días establecidos e a non deixar o seu posto desatendido.

9ª.- Cada artista seleccionado disporá dunha cela na que poderá mostrar e vender as súas creacións. Todo o material para a montaxe expositiva corre a cargo do artista. Non se poden facer intervencións nas celas, nin cravar, nin pintar, nin calquera outra actuación que implique danos no espazo. Calquera comportamento contrario ao establecido nestas bases ou ás indicacións recibidas polo persoal do C.S. O Vello Cárcere implicará a expulsión inmediata.

10ª.- Para calquera consulta deberán poñerse en contacto co número 982297334 ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org

11ª.- O feito de participar neste Mercado supón a aceptación total das presentes bases. 

mercado feria arte primavera Lugo semana santa