O I Encontro de Artistas Novos é unha residencia artística na que 5 artistas galegxs menores de 35 anos ficarán durante 3 días nas celas do primeiro andar do Vello Cárcere.
David Catá, Basilisa Fiestras, Sabela Eiriz, Iván Mouronte e Gema López crearán unha obra en directo á vez que poderemos desfrutar dunha exposición individual de cada un deles mentras dure o encontro.
Ademáis diso, os días 19 e 20 xs artistas falarannos dos seus proxectos en primeira persoa, nunha serie de conferencias gratuitas que se desenvolverán no patio da cárcere (planta baixa) nos seguintes horarios:
19/09 ás 18:30: Sabela Eiriz (fotografía, vídeo, escritura)
19/09 ás 19:30: David Catá (pintura, fotografía, videoperformance, música)
20/09 ás 18:00: Basilisa Fiestras (escultura, fotografía, debuxo)
20/09 ás 19:00: Gema López (pintura, debuxo, fotografía, escritura)
20/09 ás 20:00: Iván Mouronte (debuxo, ilustración dixital, fotografía)
O horario de visitas é do mércores ao venres de 11 a 14 e de 17:30 a 20:30.
Agardámoste!