Pasar al contenido principal

Exposición "Corpo Permeable / Corpo insubstituible" na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo

O día 29 de xuño ás 19:30h terá lugar a inauguración da exposición "Corpo permeable / Corpo insustituible" na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Deputación de Lugo).

A exposición poderá visitarse até o 25 de agosto.

"A conciencia do eu dentro do meu entorno forma parte dos cimentos de calquer ente creativo. Un pilar emblemático sen o cal tambalearíase toda tese posterior. Indagar en elo e ir máis alá é, sen embargo, privilexio duns poucos.

Esa maneira de crear que vén dende as entrañas, é a fórmula que Gema López (Lugo, 1987) leva traballando máis de 15 anos. A súa obra indaga na súa biografía constantemente para desgranar teorías entorno a sentimentos frustrados, a memoria, o trauma e a capacidade humana de resiliencia. 

Traballa sobre todo o óleo e o debuxo, técnicas coas que máis se caracteriza e que predominan dende o principio da súa carreira.

Corpo permeable/ Corpo insubstituible

O espazo da exposición está dividido en dous tramos i enlaza dous conceptos:

Por un lado, a unión do eu e as circunstancias que me rodean: O corpo permeable.

As teses de Gema parten sempre de conceptos inmateriais que toman forma a través da figuración. Os corpos, sempre interpretados coma un continente descontextualizado e impersoal, son os protagonistas absolutos de historias que o propio espectador é invitado a descifrar de maneira subxectiva. Trátase dun traspaso de poderes. Ela recrea de forma plástica os seus recordos e sensacións, para logo recibilo nós aunando as nosas propias vivencias á obra. Cando fala de corpo permeable, polo tanto, amósanos corpos carnosos e reais que se empapan dun aura espesa e surreal. Son corpos que absorben o seu entorno. O que vemos, son as persoas, as súas circunstancias e a súa memoria subxectiva. A estética azulada e fantasmagórica, axuda a abrazar esa sensación de cambio constante, de metamorfose. Persoaxes que se adaptan ás novas realidades i entornos.

Polo outro lado, temos o eu que busca a identidade individual a través da introspección e dos sentimentos que outras persoas xeran na súa psique. Trátase dun exercicio de absorción, case contrario ao anterior. É o corpo insubstituible e conforma o segundo tramo da exposición.

A artista adopta aquí un carácter plástico máis abstracto deixando entrever pequenos detalles que aluden a realidades e sentimentos individuais. Fala da necesidade de continuidade humana, do linaxe e da familia escollida. Xa non se trata dunha invitación a ver as nosas experiencias nas súas. É a presentación plástica do sentimento único e individual.   

Preséntanos tamén nesta segunda parte unha serie de retratos en monocromo chamada “Agora que non te podo ver” coa premisa das separacións físicas provocadas polas recentes restriccións de movilidade durante a pandemia, Gema reflexiona sobre “a memoria visual, reproducindo unha sorte de impresións minimalistas de dez persoas escollidas meticulosamente por formar parte do meu entorno máis persoal”.

Con esta exposición, Gema López lévanos da man ao interior da súa psique e con elo, adéntranos tamén na nosa. A conciencia colectiva entorno a temas tan íntimos é vital para poder sanar unha sociedad dañada. Aquí estamos. Isto somos.

O persoal, é político. "

Olga Pastor

invitación exposición 

exposición diputacion Lugo Gema López arte pintura