Pasar al contenido principal
Estrógenos

Estrógenos

Comprar obra
Lápiz sobre papel
38 x 67 cm.
600.00€

Mostrar un cu celulítico supón falar da vergoña que sinten case todas as mulleres, en maior ou menor medida, ao espirse; é visibilizar algo insultantemente común (arredor do 85%) por ser invisíbel. Poñer un cu celulítico nun debuxo de modelo femenina con técnica académica é subvertir os canons actuais, mostrar as feridas, a frustración, a rabia e o odio hacia sí mesmas de tantas mulleres; é dar pé a falar de centos de horas de “sentadiñas”, entrenamentos específicos e miles de millóns gañados en mesoterapia, presoterapia, radiofrecuencia corporal, liposuccións, faixas de alta tecnoloxía, leggings redutores, culottes, bikinis con falda e cremas anticelulíticas.

Mostrar un cu celulítico é deixar de chamarnos gordas, compararnos, envidiar e concursar no certame do cu máis firme; porque a causa principal da celulitis non é o exceso de graxa senón a concentración de estróxenos. Isto é algo que ao patriarcado non lle interesa recoñecer xa que perdería parte do seu influxo no corpo das mulleres. Ver a celulitis como unha pegada física (e bela) natural dos estróxenos na muller fértil é o mesmo que recoñecer que unha muller con celulitis é tan natural como unha muller co periodo.

Eu, como artista figurativa que traballa co corpo, síntome coa responsabilidade de ofrecer imaxes alternativas aos corpos válidos nesta sociedade.